Si estás interesado en PUBLICAR UN CONCURSO haz click aquí



¿ Quieres que TE ENVIEMOS al E-MAIL las ACTUALIZACIONES de la sección de CONCURSOS ?.

APÚNTATE AQUÍ AL BOLETÍN



ETIQUETAS:

CONCURSOS

Concursos Fotografía

Concursos Fotografía Noviembre de 2014

Concursos Noviembre del 2014

Concursos Galicia

Últimos 50 concursos incluidos en la bases de datos
IX EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO "TOURO EN IMAXES"

Comunidad: Galicia
Provincia: Coruña
Disciplina: Fotografía
Fecha de Entrega (Plazo Final de Admisión o Fecha de celebración): 15/11/2014
Nº de Visitas: 1365

Descripción

BASES:


1ª FINALIDADE: Convócase a IX Edición do Concurso Fotográfico "Touro en Imaxes".

Con este Certame o Concello de Touro quere contribuír á creación artística, a fomentar a divulgación da fotografía e a promocionar os recursos naturais e histórico-culturais do municipio.

2ª. NÚMERO DE OBRAS, CATEGORÍAS E TEMAS

Poderán participar no Concurso todas as persoas físicas que o soliciten e cumpran co establecido nas bases. Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de catro obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor.

Establécense dúas categorías de participación sendo estas:

Categoría Adultos: Maiores de 18 anos.
Categoría Xuvenil: Entre 12 e 18 anos.

O tema das obras a presentar pode ser calquera relacionado co establecido nas seguintes modalidades:

Premio especial TOURO

Natureza, paisaxe (suficientemente identificable de Touro).

Patrimonio histórico-cultural (suficientemente identificable de Touro).

Tema libre

Os traballos fotográficos que se presenten deberán ser orixinais, recentes e inéditos. Non se admitirán imaxes de montaxes, nin manipulacións que non sexan exclusivamente tratamentos de cor ou axustes referentes á calidade ou procesado da imaxe.

As fotografias non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso, nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.

No caso de que se presenten ao concurso fotografías que reflictan imaxes que identifiquen ou sexan susceptibles de identificar a persoas físicas, o participante que as presente deberá enviar un documento escrito asinado por este participante, en virtude do que se compromete e obriga a obter o previo e expreso consentimento das persoas das cales as súas imaxes se reflicten nestas fotografías.

3ª. FORMATO

As fotografias deberan ter un formato entre 30X40 cm. como mínimo e 40X50 cm. como máximo, e irán montadas sobre cartón pluma ou soporte similar do mesmo tamaño da fotografía. Cada fotografía deberá ir acompañada do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

4ª. PREMIOS. A dotación total do premio é de 1.200 €.

Establécense os seguintes premios:

Categoría adultos:

Premio especial TOURO

Natureza, paisaxe. O premio será de 300 €

Patrimonio histórico-cultural. O premio será de 300 €

Tema libre.

O premio será de 300 €

Categoría xuvenil:

Premio especial TOURO

Natureza. O premio será unha Tablet

Patrimonio histórico-cultural. O premio será unha Tabet.

Só será premiada unha obra por autor.

5ª. FORMA DE PRESENTACIÓN

As obras presentadas ao concurso deberán gardar o anonimato do seu autor ou autora, e presentaranse sen sinatura e baixo un lema ou seudónimo identificativo.

Pola parte traseira do soporte da fotografía, figurará o seudónimo do/a autor/a e o título da obra.

Os traballos presentaranse nun sobre pechado cun lema ou títuto escrito por fóra, ben especificada a categoría e o tema e noutro sobre pechado, a identidade do autor e datos de contacto. No seu interior incluirase a imaxe ou imaxes presentadas e unha copia en formato dixital. Cada fotografía deberá ir acompañada dun sobre pechado que se pegará na súa parte traseira. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e o seudónimo empregado. No seu interior conterá a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do/a autor/a.

  • Solicitude de participación na que coste:

    • Pseudónimo empregado, título e lugar da/s fotografías.

    • Datos persoais do autor/a: Nome completo, enderezo, teléfono, fax, correo electrónico etc.

    • Declaración asinada para aceptar expresamente as bases do concurso.


6ª. LUGAR E PROCEDEMENTO DE ENTREGA

Os traballos poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Touro ou por correo certificado en sobre pechado no que debe presentarse toda a documentación citada na base anterior.

Si se envían por correo, débese indicar por fóra:

IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "TOURO EN IMAXES"
Concello de Touro. Fonte Díaz, s/n. 15822 Touro. A Coruña.

No dorso do sobre onde se inclúan, poñerase unicamente o título da obra. Quedarán anulados os sobres que leven á vista o nome do autor/a da imaxe.

7ª. PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación dos traballos comenzará o 15 de maio de 2014 e finalizará o 15 de novembro de 2014.

8ª. XURADO

O xurado estará formado por un grupo de cinco persoas: O alcalde, ou a persoa na que delegue, o concelleiro de cultura e tres persoas vinculadas ao eido da fotografía e da imaxe.

O secretario será Don José Antonio Gómez Pedreira.

Ao xurado correspóndelle deliberar, estimar e valorar os traballos presentados. A súa decisión será inapelable e adoptarase por maioría simple de entre os seus membros. Poderá declarar deserto algún premio.

9ª. EXPOSICIÓN

O Concello de Touro levará a cabo unha exposición con todas as obras premiadas e as fotografías presentadas a Concurso.

Todos os traballos presentados pasarán a formar parte dun arquivo creado para uso municipal, e poderán ser expostas e reproducidas co obxectivo expresado no apartado primeiro, citando sempre o nome do/a autor/a.

10ª. RESOLUCIÓN

A decisión do xurado farase pública no prazo máximo de tres meses dende o remate do prazo de entrega das obras. Os/as autores/as premiados/as comprométense a estar presentes no acto de entrega de premios que se comunicará cunha antelación mínima de dez días.

Bases para descargar en: http://www.concellodetouro.com/



NOTICIAS


- El X CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA "CIUDAD DE OSUNA" se aplaza al Sábado, 24 de octubre [+ Ver]

- La artista iraní SHIRIN SALEHI gana la segunda edición del PREMIO LA PALABRA PINTADA, convocado por la FUNDACIÓN ANKARIA [+ Ver]

- Se anula la convocatoria del I PREMIO DE PINTURA AL AIRE LIBRE FAIRWAY [+ Ver]

- MAXAM y la AEPE firman el Convenio de Colaboración para el 82 Salón de Otoño [+ Ver]

- PhotoUrbe: Exposición de fotografía en Barcelona [+ Ver]

- Resultado del XIII CERTAMEN DE PINTURA RÁPIDA AL AIRE LIBRE "ALCALÁ, PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD" [+ Ver]

- Bence Máté, ganador del premio MontPhoto 2015 con “Night Star” [+ Ver]

- Resultado del I Concurso Fotografico midiscovirtual.es [+ Ver]

- Suspendido el Concurso de diseño de cartel "Asian Weekend" [+ Ver]

- Vencedora I Premio Escultura Solidara y dos menciones de honor-Fundación Cursol [+ Ver]

- Premios del IX Concurso de Pintura Rápida “Luis Fernández Vergara-Ciutat de Viladecans” [+ Ver]

- Ganadores del IV concurso de fotografía ENFOCA LA SALUD MENTAL [+ Ver]