Si estás interesado en PUBLICAR UN CONCURSO haz click aquí



¿ Quieres que TE ENVIEMOS al E-MAIL las ACTUALIZACIONES de la sección de CONCURSOS ?.

APÚNTATE AQUÍ AL BOLETÍN



ETIQUETAS:

CONCURSOS

Concursos Fotografía

Concursos Fotografía Julio de 2014

Concursos Julio del 2014

Concursos Galicia

Últimos 50 concursos incluidos en la bases de datos
CONCURSO FOTOGRÁFICO ROSA PONS "VISIONS DE PARADA DE SIL"

Comunidad: Galicia
Provincia: Orense
Disciplina: Fotografía
Fecha de Entrega (Plazo Final de Admisión o Fecha de celebración): 31/07/2014
Nº de Visitas: 1526

Descripción

O CONCELLO DE PARADA DE SIL CONVOCA A VII EDICIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO "VISIONS DE PARADA DE SIL". CO FIN DE FOMENTAR A CREATIVIDADE E DAR A COÑECER AO PÚBLICO EN XERAL A DIVERSIDADE E RIQUEZA HISTÓRICA, CULTURAL, ETNOGRÁFICA E PAISAXÍSTICA DO CONCELLO DE PARADA DE SIL E TAMÉN CO TEMA 'LIBRE' ESPALLAR A ARTE DA FOTOGRAFÍA

BASES

1 PARTICIPANTES E NÚMERO DE FOTOGRAFÍAS

Poderán participar todas as persoas que o desexen con independencia da súa nacionalidade.

As fotografías só poderán ser presentadas polos propios autores. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 4 fotografías de cada tema. Obtidas por calquera técnica, en branco e negro ou cor, tomadas con cámaras dixitais ou con sistemas tradicionais, incluíndo o retoque manual ou de programas informáticos delas.

As obras serán inéditas e non poderán terse presentado anteriormente a ningún concurso.

A organización resérvase o dereito a reclamar o importe do premio por uso fraudulento e tomar medidas legais para reclamar o importe. Tamén a rexeitar previamente a concurso as fotos que non cumpran estas bases.

Os participantes responsabilizaranse así mesmo de que non existan dereitos sobre as imaxes de terceiras persoas, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre elas no que se refire a dereitos de imaxe.

2 TEMÁTICA

A / Tema "Visións de Parada de Sil":
Abarca todos os bens artísticos, culturais, etnográficos, naturais, personaxes, etc. Que conforman todo o Concello de Parada de Sil, quedando só limitado ao territorio deste Concello.

B / Tema "Libre".

3 PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS

As fotografías terán un tamaño 20x30 cm sen ningún tipo de enmarcado nin protección frontal.

Importante: As fotografías teñen que abarcar os 20x30 cm de tamaño esixido e estarán sen encadres dixitais nin sobrantes en branco, negro ou en cor.

Entregaranse adheridas sobre cartón-pluma ou similar e da mesma medida que a foto e que non exceda dos 5 mm de grosor.

Obrigatoriamente entregaran en CD-ROM cunha copia de cada fotografía en formato JPG ou TIFF superior a 300 dpi, co nome das fotos.

As fotografías entregaranse nun sobre ou envoltorio cerrado de fácil apertura e cerre posterior.

No dorso de cada fotografía farase constar o título da obra, en que tema participa: "Libre" ou en "Visións de Parada de Sil" neste caso a zona na que foi tomada.

Nun Sobre Anexo:

/ No exterior do sobre: títulos das fotos.

/ Dentro do sobre (aparecerá claramente): Título de cada foto, nome e apelidos do autor, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, correo electrónico de contacto. zona na que foron tomadas ou datos que identifiquen a imaxe (no caso do tema "Visión de Parada de Sil").

/ O nome do autor ou autora só aparecerá no interior do sobre anexo.

4 ENVÍO

As obras serán presentadas ou remitidas á Casa do Concello:

VII Concurso Fotográfico "Visión de Parada de Sil"
Casa do Concello
Praza do Campo da Feira n°1
32740. Parada de Sil. Ourense.

O Concello no se responsabiliza dos danos ou extravíos.

Cos portes pagados e con embalaxe reutilizable para asegurar a devolución da obra coas debidas garantías se o autor así o solicita, correndo ao seu cargo os gastos.

5 DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN

A data límite de presentación será o 31 de Xullo de 2014.

6 XURADO, DECISIÓN E ENTREGA DE PREMIOS

A participación neste Concurso presupón a total aceptación das presentes bases.

O xurado elixido pelo Concello e a Asociación Cultural Ouro do Sil fará público a súa decisión en Parada de Sil o día 11 de agosto de 2014. Comunicaráselles individualmente aos premiados. Esta decisión será inapelable.

7 PREMIOS

Outorgáranse os seguintes premios:

/ Primeiro premio: 800€ á mellor fotografía tema "Visións de Parada de Sil.

/ Primeiro premio: 700€ á mellor fotografía tema "Libre".

Só se poderá gañar un premio aínda que se poida participar nos dous temas.

Para que a decisión sexa efectiva, os gañadores deberán achegar o negativo ou arquivo dixital.

8 PROPIEDADE DAS IMAXES

As obras premiadas pasarán a formar parte da Colección do Concello.

En calquera dos usos que o Concello faga delas, aparecerá mencionada a autoría.

Desde o 15 de Agosto farase unha exposición e entregaranse os premios na data que se publicará e comunicará previamente aos autores premiados.

9 OUTROS

Máis Información: www.paradadesil.es / www.ourodosilac.org / Tel: 616 51 62 38

De conformidade coas normativas afectas de protección de datos persoais, todos os datos subministrados pasaran a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade da Asociación Cultural Ouro do Sil, coa finalidade de xestionar correctamente o concurso e cumprir coas finalidades específicas nas presentes bases. O exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición levarase a cabo conforme á normativa vixente.



NOTICIAS


- El X CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA "CIUDAD DE OSUNA" se aplaza al Sábado, 24 de octubre [+ Ver]

- La artista iraní SHIRIN SALEHI gana la segunda edición del PREMIO LA PALABRA PINTADA, convocado por la FUNDACIÓN ANKARIA [+ Ver]

- Se anula la convocatoria del I PREMIO DE PINTURA AL AIRE LIBRE FAIRWAY [+ Ver]

- MAXAM y la AEPE firman el Convenio de Colaboración para el 82 Salón de Otoño [+ Ver]

- PhotoUrbe: Exposición de fotografía en Barcelona [+ Ver]

- Resultado del XIII CERTAMEN DE PINTURA RÁPIDA AL AIRE LIBRE "ALCALÁ, PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD" [+ Ver]

- Bence Máté, ganador del premio MontPhoto 2015 con “Night Star” [+ Ver]

- Resultado del I Concurso Fotografico midiscovirtual.es [+ Ver]

- Suspendido el Concurso de diseño de cartel "Asian Weekend" [+ Ver]

- Vencedora I Premio Escultura Solidara y dos menciones de honor-Fundación Cursol [+ Ver]

- Premios del IX Concurso de Pintura Rápida “Luis Fernández Vergara-Ciutat de Viladecans” [+ Ver]

- Ganadores del IV concurso de fotografía ENFOCA LA SALUD MENTAL [+ Ver]