Si estás interesado en PUBLICAR UN CONCURSO haz click aquí



¿ Quieres que TE ENVIEMOS al E-MAIL las ACTUALIZACIONES de la sección de CONCURSOS ?.

APÚNTATE AQUÍ AL BOLETÍN



ETIQUETAS:

CONCURSOS

Concursos Fotografía

Concursos Fotografía Julio de 2014

Concursos Julio del 2014

Concursos Galicia

Últimos 50 concursos incluidos en la bases de datos
XOCIVIGA: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Comunidad: Galicia
Provincia: Orense
Disciplina: Fotografía
Fecha de Entrega (Plazo Final de Admisión o Fecha de celebración): 10/07/2014
Nº de Visitas: 2363

Descripción


NOTICIAS RELACIONADAS
2014-08-20Acta del jurado calificador del CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XOCIVIGA 2014 [+ Ver]

BASES

O obxectivo principal desta convocatoria é conseguir a participación e implicación de afeccionados ou profesionais da fotografía e do audiovisual no proxecto que XOCIVIGA pretende desenvolver co fin de promover o entorno do Carballiño como escenario cinematográfico.

PARTICIPANTES

Poden concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen.

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.

TEMÁTICA

As imaxes presentadas deben estar situadas no entorno da comarca do Carballiño e terán relación coas tradicións populares, co patrimonio arquitectónico ou ben a paisaxe natural ou urbana.

As fotografías non poderán ser manipuladas agás os retoques de cor.

ENVÍO DAS OBRAS

Cada concursante poderá presentar un máximo de 3 obras. Deberán ser en cor e deberán ser identificadas con título. Si un autor presentara varias fotografías a concurso, fará un envío por cada unha delas.

As fotografías enviaranse ao correo electrónico info.xociviga@gmail.com ou a través de WeTransfer en formato JPG, tamaño 40×30, resolución 200 ppp, perfil de cor RGB. As que opten ao premio da fotografía de móbil terán unha resolución similar a 2048×1232.

Incluirase un arquivo coa captura de mapa de Google indicando as coordenadas da localización exacta onde foi tomada a fotografía.

A ficha de inscrición, que pode ser descargada en http://www.carballino.org/xociviga/concursos/ debe ser debidamente cumprimentada e remitida no mesmo envío.

PRAZO DE ENTREGA

A data límite de admisión será o 10 de xullo de 2014.

PREMIOS

Os traballos presentados optarán a catro premios, tres concedidos polo xurado oficial e outro que se concederá por votación do público asistente á proxección das fotografías.

-1º Premio de fotografía XOCIVIGA_2014, 250 euros
-2º Premio de fotografía XOCIVIGA_2014, 150 euros
-Premio do público XOCIVIGA_2014, 100 euros
-Premio especial á mellor fotografía sacada con móbil, 100 euros


Os premios non poderán ser acumulativos. Si o premio do público coincidira coa fotografía premiada polo xurado, será a seguinte máis votada á que se lle asigne dito premio.

Os premios estarán suxeitos ao I. R. P. F. segundo a lexislación vigente.

XURADO E ENTREGA DE PREMIOS

O xurado estará composto por tres persoas relacionadas coa fotografía (un representante da Asociación Potiños, un representante da Asociación PhosGalicia e un profesional da fotografía) e un membro da organización das XOCIVIGA. Os criterios do xurado serán a calidade fotográfica que mellor resalte as cualidades do patrimonio artístico, etnográfico e paisaxe natural.

A decisión do xurado será definitiva e inapelable.

A votación do público terá lugar despois da proxección das fotografías finalistas que se realizará previa a unha das sesións cinematográficas das XOCIVIGA 2014 que se celebrarán do 9 ao 16 de agosto.

Os gañadores/as do concurso coñeceranse o día da entrega de premios que terá lugar no transcurso das XOCIVIGA 2014.

PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

As fotografías seleccionadas terán exposición pública e no espazo creado para ese efecto na web das XOCIVIGA e servirán como base de datos do servizo de información da oficina de rodaxes. Poderán ser utilizadas nas diferentes plataformas de difusión das XOCIVIGA co único obxecto de promocionar a comarca do Carballiño como escenario de rodaxes audiovisuais. Poderá accederse a través do seguinte enlace: http://www.carballino.org/xociviga/

DEREITOS SOBRE AS FOTOGRAFÍAS

XOCIVIGA resérvase o dereito para reproducir as fotografías participante en soportes de información e promoción propios e expoñer de xeito libre calquera das imaxes participantes así como de todas aquelas que obteñan algún dos premios. En ningún caso cederanse os dereitos a terceiros, salvo autorización expresa do autor. Os participantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros sobre as súas obras. XOCIVIGA comprométese, pola súa banda, a indicar o nome do autor cada vez que a súa imaxe sexa reproducida.

Más información y bases para descargar en: http://www.carballino.org/xociviga/concursos/



NOTICIAS


- El X CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA "CIUDAD DE OSUNA" se aplaza al Sábado, 24 de octubre [+ Ver]

- La artista iraní SHIRIN SALEHI gana la segunda edición del PREMIO LA PALABRA PINTADA, convocado por la FUNDACIÓN ANKARIA [+ Ver]

- Se anula la convocatoria del I PREMIO DE PINTURA AL AIRE LIBRE FAIRWAY [+ Ver]

- MAXAM y la AEPE firman el Convenio de Colaboración para el 82 Salón de Otoño [+ Ver]

- PhotoUrbe: Exposición de fotografía en Barcelona [+ Ver]

- Resultado del XIII CERTAMEN DE PINTURA RÁPIDA AL AIRE LIBRE "ALCALÁ, PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD" [+ Ver]

- Bence Máté, ganador del premio MontPhoto 2015 con “Night Star” [+ Ver]

- Resultado del I Concurso Fotografico midiscovirtual.es [+ Ver]

- Suspendido el Concurso de diseño de cartel "Asian Weekend" [+ Ver]

- Vencedora I Premio Escultura Solidara y dos menciones de honor-Fundación Cursol [+ Ver]

- Premios del IX Concurso de Pintura Rápida “Luis Fernández Vergara-Ciutat de Viladecans” [+ Ver]

- Ganadores del IV concurso de fotografía ENFOCA LA SALUD MENTAL [+ Ver]