Si estás interesado en PUBLICAR UN CONCURSO haz click aquí



¿ Quieres que TE ENVIEMOS al E-MAIL las ACTUALIZACIONES de la sección de CONCURSOS ?.

APÚNTATE AQUÍ AL BOLETÍN



ETIQUETAS:

CONCURSOS

Concursos Fotografía

Concursos Fotografía Noviembre de 2014

Concursos Noviembre del 2014

Concursos Galicia

Últimos 50 concursos incluidos en la bases de datos
CONCURSO FOTOGRÁFICO "IMAXES CON FONDO II"

Comunidad: Galicia
Provincia: Coruña
Disciplina: Fotografía
Fecha de Entrega (Plazo Final de Admisión o Fecha de celebración): 15/11/2014
Nº de Visitas: 3301

Descripción

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE. 2014.


1. OBXECTIVO DO CONCURSO

O concurso de fotografía ‘Imaxes con Fondo’ é unha actividade de sensibilización que impulsa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O certame está dirixido á cidadanía galega ou residente en Galicia a partir de 14 anos co obxectivo de promover a reflexión sobre a temática da solidariedade e a responsabilidade da nosa sociedade na construción dun contexto mundial máis xusto e equitativo.

2. PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 24 de abril ao 15 de novembro de 2014.

3. PARTICIPANTES

  • Poderán presentarse tódalas persoas interesadas, de 14 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes ou con lugar de nacemento na Comunidade Autónoma de Galicia.


  • Haberá dúas categorías:

    - Dos 14 aos 17 anos (ambos inclusive): categoría xuvenil
    - Dos 18 anos en adiante: categoría adultas/os

  • Non poderán participar no concurso o persoal da Secretaría Técnica, as/os integrantes da Comisión executiva do Fondo Galego nin as súas familias ata o segundo grao de parentesco. Esta restrición é aplicable ás persoas que compoñen o xurado.


4. PREMIOS

Haberá tres premios por categoría. Os premios serán os seguintes:

- Para a categoría xuvenil:

1º Premio: Cámara fotográfica valorada en 450€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza.

2º Premio: Unha cesta de produtos de comercio xusto valorada en 150€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza.

3º Premio: Un ciclo de cine sobre temática social por un importe de 60€. Colección de libros do concurso de fotografía Revela, doados polo Concello de Oleiros, para o centro de ensino ao que pertenza.

- Para a categoría adultas/os:

1º Premio: Viaxe (inclúe billetes de avión e aloxamento) a Nicaragua, a xunto o noso parceiro, a ONGD INPRHU- Somoto, co que o Fondo Galego leva desenvolvidos numerosos proxectos de cooperación ao desenvolvemento desde o ano 2003. A viaxe ten como obxectivo o compromiso de realizar un traballo fotográfico para o arquivo do Fondo Galego a modo de acción voluntaria. A viaxe ao terreo será realizada no 2015 e terá entre 15 días e un mes de duración. O uso de ditas fotografías quedará cedido ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que poderá empregalas para realizar calquera actividade sen fins lucrativos, citando sempre ao/á autor/a das obras. Tamén poderá difundilas polas súas canles de comunicación habituais (boletín, web). A persoa premiada asinará un documento de cesión de dereitos de reprodución das imaxes que debe achegar tras a viaxe, no que tamén se especificará a calidade e cantidade das mesmas.

2º Premio: Cesta de produtos de comercio xusto valorada en 150€

3º Premio: Un ciclo de cine sobre temática social por un importe de 60€

5. TEMÁTICA DO CONCURSO

Os traballos deberán axustarse ás temáticas propostas, que son as seguintes:

  • Para a categoría xuvenil: A solidariedade dá sentido ás nosas vidas.

    O termo “solidariedade” fai referencia á capacidade de entrega a outras persoas pensando nestas como as túas semellantes, de xeito xeneroso e desinteresado. A solidariedade é un dos valores fundamentais e universais nos que deberían basearse as relacións entre as persoas e entre os pobos. É tamén un sentimento de unidade, transformador, que nos aporta fortaleza para asumir os desafíos e resistencia para afrontar as dificultades.

    A solidariedade é o piar central da cooperación internacional ao desenvolvemento, mais non é necesario participar directamente nunha ONG para poñer en práctica a nosa solidariedade. Hai moitas situacións na vida cotiá nas que podemos practicala: na nosa familia, coas nosas amizades, co medio ambiente, cunha persoa que vemos en dificultades, etc.

    O gran potencial da solidariedade é que pode cambiar o mundo, tornándoo máis xusto, equitativo e en paz.

    As/os concursantes que entren dentro desta categoría deberán achegar fotografías:

    a) Nas que se amose a solidariedade na nosa sociedade

    b) Nas que se denuncie a falta de solidariedade na nosa sociedade

    Ademais de reflectir imaxes da solidariedade ou insolidariedade cotiá tamén poderán achegar imaxes de mobilizacións ou actividades que se organicen en torno a este principio.

  • Para a categoría adultas/os: Cambia, reivindica e constrúe.

    No contexto actual de globalización observamos, por parte dos países máis industrializados, innumerables prácticas (consumo, políticas públicas, acordos comerciais, etc) que a simple vista poden resultar inofensivas, pero que pola contra van acompañadas de efectos nefastos para os pobos do Sur e para o noso propio.

    Crear conciencia social sobre os efectos perversos da globalización é un acto de xenerosidade, mais tamén de creación dunha cidadanía global responsable que denuncie as corrupcións, as inxustizas e as malas prácticas adquiridas e xa normalizadas que obstaculizan o desenvolvemento humano perdurable dos pobos.

    As/os concursantes desta categoría deberán achegar fotografías:

    a) Nas que se amosen como algunhas prácticas dos países desenvolvidos (tanto de persoas particulares coma de empresas e/ou gobernos) repercuten negativamente nas poboacións dos países do Sur de forma directa ou indirecta. Algúns exemplos poderían ser: explotación laboral, explotación sexual, comercio “inxusto”, malas prácticas empresariais, quecemento global, consumismo, guerras, sobreexplotación do medio ambiente, contaminación, etc.

    b) Nas que se amosen prácticas positivas dos países desenvolvidos (tanto de persoas particulares coma de empresas e/ou gobernos) que repercuten positivamente nas poboacións dos países do sur de forma directa ou indirecta.


6. COMO PARTICIPAR

As fotografías e documentación requirida para concursar enviaranse por correo electrónico ao enderezo imaxesconfondo@gmail.com. A xeito de acuse de recibo, a Secretaría Técnica do Fondo Galego responderá cunha mensaxe de correo electrónico confirmando a recepción. Ata que non reciba esta mensaxe, a persoa solicitante non poderá dar por feita a súa participación.

6.1 PRESENTACIÓN E ENVÍO DAS FOTOGRAFÍAS:

  • As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp. A imaxe poderá ocupar 5MB como máximo.


  • Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais.


  • Admítense fotografías en cor e en branco e negro.

  • Non se admitirán fotomontaxes ou fotografías retocadas dixitalmente, se ben serán admitidas as fotografías con axustes de brillo, contraste e cor empregados para mellorar a calidade da imaxe.

  • As imaxes deben ser inéditas e exclusivas do/a autor/a, polo tanto, non poden ter sido publicadas en ningún soporte profesional, incluídos os dixitais. Se a fotografía forma parte dunha serie, esta norma afecta a todas as imaxes integradas na serie. Non se admitirán tampouco obras que se teñan sido premiadas anteriormente. A/o concursante deberá presentar un certificado no que consten estes dous aspectos.

  • As/os concursantes non poderán exhibir as fotografías presentadas ao concurso a través dos diferentes medios de comunicación e redes sociais antes do fallo do concurso.

  • A/o concursante garante ser a/o única/o titular dos dereitos de autor sobre as fotografías presentadas e faise responsable de calquera tipo de reclamación, eximindo á organización de dita responsabilidade.

  • As/os concursantes certifican que dispoñen dos dereitos de imaxe das persoas identificadas ou identificables e eximen ao Fondo Galego de calquera responsabilidade que puidera derivarse como consecuencia da non obtención destes correspondentes permisos.

  • No caso de que aparezan menores de idade as/os concursantes deberán dispoñer da correspondente autorización da nai ou pai ou do/a do titor/a legal.

  • O Fondo Galego garante ás/aos autoras/es o respecto absoluto aos seus dereitos conforme a lexislación vixente.


6.2 PRESENTACIÓN E ENVÍO DA INFORMACIÓN REQUIRIDA:

As/os concursantes deberán achegar xunto coa/s fotografía/s a seguinte información (AO FINAL PODES DESCARREGAR OS DOCUMENTOS ANEXOS PARA A PRESENTACIÓN DOS MATERIAIS):

- Nome e apelidos
- Categoría pola que se presenta
- Copia do DNI (para comprobar lugar de nacemento e residencia e data de nacemento)
- Teléfono de contacto e enderezo electrónico
- En caso de ser menor de idade, autorización asinada con DNI da/o nai/pai ou titor/a
- Título de cada fotografía
- Mensaxe/Tweet/Chío vinculada a cada fotografía, de 140 carácteres como máximo e en galego.
- Lugar e data de realización das fotografías.

6.3 DEREITO DE EXCLUSIÓN

A organización resérvase o dereito de exclusión:

- cando se incumpran un ou varios puntos das presentes bases

- cando a participación se faga empregando datos falsos ou haxa indicios e a persoas non verifica os seus datos no prazo outorgado

- cando de forma fraudulenta manipulen a participación

- cando as fotografías poidan considerarse contrarias aos dereitos e liberdades fundamentais, inciten ou promovan actuacións denigrantes, violentas, sexan contrarias ao dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar, ou á propia imaxe das persoas

- cando as fotografías presentadas non se axusten ao tema do concurso

7. XURADO E SELECCIÓN DE GAÑADORAS/ES

A selección das fotografías gañadoras dunha e doutra categoría será realizada a través de dous procesos complementarios:

1. Votación das fotografías presentadas no perfil do Fondo Galego no Facebook. As fotografías presentadas serán amosadas no perfil do Fondo Galego no Facebook como máximo tres días despois de ter finalizado o período de presentación ao concurso. Para iso, o Fondo Galego poderá empregar algunha ferramenta específica para a xestión de concursos a través desta rede social.

Para garantir a equidade e a protección de datos das e dos concursantes, as fotografías poderán ser votadas a través do perfil do Fondo Galego no Facebook a partires do mesmo día, e ademais non aparecerá o nome das/os concursantes, tan só a categoría pola que se presentan, o título das obras, a descrición de 140 carácteres máximo, e as propias fotografías. As/os usuarias/os dispoñerán entre 10-15 días para facer a súa votación.

As condicións concretas desta votación quedarán reflectidas nun documento que será difundido a través da páxina web e redes sociais do Fondo Galego unha semana antes do inicio da votación.

Unha vez rematado o proceso, as 15 fotografías máis votadas da categoría xuvenil, e as 15 máis votadas da categoría adultas/os pasarán á seguinte fase de selección, de entre as que sairán as fotografías gañadoras.

O Facebook está exonerado de toda responsabilidade neste concurso. A participación na votación do concurso fotográfico non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada a Facebook en modo algún.

2. Selección das fotografías gañadoras por parte dun xurado de persoas expertas, constituído por cinco persoas:

- 2 Representante da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Representante da Coordinadora Galega de ONGD.
- Dúas/dous representantes de prestixio do mundo da fotografía e/ou artes plásticas.

A deliberación destas catro persoas, en base ás 15 fotografías máis votadas de ambas categorías polo xurado popular, dará como resultado o fallo do concurso.

  • Os documentos de texto nos que se indiquen os datos persoais da/o concursante será arquivado pola Secretaría Técnica do Fondo Galego e en ningún caso as persoas que compoñen o xurado terán acceso aos mesmos ata unha vez decidido cales son as fotografías gañadoras. A Secretaría Técnica do Fondo Galego será a única responsable do ficheiro de datos. Seguirase minuciosamente a normativa vixente sobre a protección de datos de carácter persoal (Lei 15/1999).


  • Calquera continxencia non contida nas bases pode ser resolta pola entidade organizadora.

  • O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade desenténdese de calquera controversia.

  • O fallo do concurso farase público no mes de decembro de 2014 a través da páxina web do Fondo Galego www.fondogalego.org. Con anterioridade comunicaráselle individualmente ás persoas premiadas.

  • Se o xurado o estimase oportuno algún dos premios podería quedar deserto.

  • As persoas premiadas cederán ao Fondo Galego os seus dereitos para a utilización das mesmas polas súas canles de comunicación habituais, sempre sen fins lucrativos.

  • No caso de que un/ha concursante premiado/a incorrese en fraude ou deshonestidade, ou haxa indicios de que así fose e non verifica a información no prazo outorgado, o Fondo Galego poderá negarse a aboar o premio.


Para calquera dúbida sobre o concurso pódese chamar ao 986 357238 de luns a venres de 9:30 a 14:30h ou escribir un correo electrónico a imaxesconfondo@gmail.com .

Toda la información en: www.fondogalego.org



NOTICIAS


- El X CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA "CIUDAD DE OSUNA" se aplaza al Sábado, 24 de octubre [+ Ver]

- La artista iraní SHIRIN SALEHI gana la segunda edición del PREMIO LA PALABRA PINTADA, convocado por la FUNDACIÓN ANKARIA [+ Ver]

- Se anula la convocatoria del I PREMIO DE PINTURA AL AIRE LIBRE FAIRWAY [+ Ver]

- MAXAM y la AEPE firman el Convenio de Colaboración para el 82 Salón de Otoño [+ Ver]

- PhotoUrbe: Exposición de fotografía en Barcelona [+ Ver]

- Resultado del XIII CERTAMEN DE PINTURA RÁPIDA AL AIRE LIBRE "ALCALÁ, PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD" [+ Ver]

- Bence Máté, ganador del premio MontPhoto 2015 con “Night Star” [+ Ver]

- Resultado del I Concurso Fotografico midiscovirtual.es [+ Ver]

- Suspendido el Concurso de diseño de cartel "Asian Weekend" [+ Ver]

- Vencedora I Premio Escultura Solidara y dos menciones de honor-Fundación Cursol [+ Ver]

- Premios del IX Concurso de Pintura Rápida “Luis Fernández Vergara-Ciutat de Viladecans” [+ Ver]

- Ganadores del IV concurso de fotografía ENFOCA LA SALUD MENTAL [+ Ver]