Si estás interesado en PUBLICAR UN CONCURSO haz click aquí



¿ Quieres que TE ENVIEMOS al E-MAIL las ACTUALIZACIONES de la sección de CONCURSOS ?.

APÚNTATE AQUÍ AL BOLETÍN



ETIQUETAS:

CONCURSOS

Concursos Pintura Rápida

Concursos Pintura Rápida Mayo de 2015

Concursos Mayo del 2015

Concursos Galicia

Últimos 50 concursos incluidos en la bases de datos
II CERTAME DE PINTURA AO AIRE LIBRE "CUNTIS 2015"

Comunidad: Galicia
Provincia: Pontevedra
Disciplina: Pintura Rápida
Fecha de Entrega (Plazo Final de Admisión o Fecha de celebración): 17/05/2015
Nº de Visitas: 996

Descripción

1. As presentes bases teñen por obxecto regular a participación no II Certame de Pintura ao aire libre “CUNTIS 2015”, que terá lugar o día 17 de maio de 2015 no Concello de Cuntis.

2. Poderán participar no concurso calquera persoa maior de idade que o desexe. O dereito de inscrición será gratuíto.

3. Para participar deberase cubrir unha folla de inscrición que se pode entregar das seguintes maneiras:

-A través dos correos elctrónicos: cultura@cuntis.es / omix@cuntis.es

-Por fax ao número 986532267

-Persoalmente na O.M.I.X., sita no Centro Sociocultural e Xuvenil José Raído “Patelas”, rúa Xohán Xesús González, nº 10 36670 Cuntis

-Cubrila no mesmo día do certame entre as 10:00 e as 11:30 horas.

4. O estilo e a técnica é libre. A temática: calquera lugar do casco urbano de Cuntis.

5. Cada participante presentará unha soa obra. O soporte será sobre estrutura ríxida, fondo branco, sen texturas, nin outras aplicacións previas. As dimensións non serán superiores a 110 cm. nin inferiores a 50 cm. por calquera dos seus lados. Non se permitirá o uso de fotografías, ordenadores, cámaras, medios ou materiais fotográficos.

6. O material necesario para desenvolver a actividade será por conta do participante, incluíndo obrigatoriamente o cabalete para a exposición.

7. O horario de selado dos lenzos será desde as 10:00 ata as 11:30 horas na Casa de Cultura “Roberto Blanco Torres”. Poderán selarse dous soportes pero só se entegará un para o concurso. Co selado dos lenzos entregarase un avituallamento a cada participante.

8. A Organización facilitará aos participantes rueiro do Concello de Cuntis para que comuniquen a ubicación na que se encontran realizando a súa obra para poder visitalos en calquera momento e comprobar a evolución da mesma. Así mesmo, ésta deberá realizarse IN SITU. Non se admitirán traballos pintados mediante foto. As obras participantes serán entregadas ese mesmo día ao xurado na Casa de Cultura ás 18:00 horas sen marca, sinal nin sinatura, agás as que a Organización utilizará para o seu control.

9. As obras expoñeranse na praza das Árbores de 18:00 a 19:30 horas para a valoración do xurado.

A partir das 18:00 horas as obras poderán ser visitadas polo público e deberán ter en lugar visible os seguintes datos:

-Nome completo do autor.
-Enderezo, código postal e localidade.
-Número de teléfono.
-Nº de control.

Ao remate do Concerto que se realizará na praza do Ferrol ás 19:00 horas emitirase o fallo do xurado e entregaranse os premios. Coñecidas as obras premiadas, os autores firmarán as mesmas en presenza dun membro da Organización.

Ás 20:00 horas darase por rematado o Certame.

10. As obras non premiadas serán retiradas polos seus propietarios/as aportando o DNI ou documento acreditativo que identifique a identidade do autor e poderán ser vendidas ou subastadas no recinto unha vez rematada a entrega de premios. A comisión organizadora poñerá o máximo coidado no desenvolvemento e conservación das obras pero non se responsabiliza dos danos que poideran sufrir por causas alleas, así como tampouco se responsabiliza dos danos que poideran sufrir os/as participantes ou causar estos.

As obras premiadas pasarán a ser propiedade da Organización ou dos seus patrocinadores e resérvase o dereito de reprodución.

Os/as participantes aceptan ser fotografiados, filmados e ceden os dereitos de imaxe á Organización para posibles arquivos ou reproducións en medios de prensa.

11. O xurado darase a coñecer o día do Certame.

12. Establécense os seguintes premios:

CATEGORÍA DE PREMIOS:

-Primeiro premio: 1.000,00 € doado polo Concello de Cuntis
-Segundo premio: 700,00 € doado por Termas de Cuntis
-Terceiro premio: 400,00 € doado por Espectáculos Nando

ACCÉSITS doados por Termas de Cuntis:

- Primeiro accésit: 2 pases para o Acquaform
- Segundo accésit: 2 pases para o Acquaform

Os premios están suxeitos á lexislación vixente e serán aboados o día do certame, unha vez rematado o mesmo.

13. A Organización resérvase o dereito de facer modificacións ao tomar iniciativas non reguladas nas bases, sempre que contribúan ao mellor desenvolvemento do certame. Calquera dúbida, aclaración ou reclamación presentarase á comisión organizadora.

14. O certame poderá suspenderse por causas de forza maior ou por falta de asistencia mínima ao evento, previo aviso aos inscritos ata o momento.

15. Os premios poderán quedar desertos se se considera que a calidade das obras non reúne a calidade esperada.

16. O feito de participar neste certame supón por parte dos autores a conformidade absoluta das bases e a absoluta conformidade co fallo do xurado.

Máis información sobre o certame:

O.M.I.X. tel.: 986 533600 / omix@cuntis.es / www.facebook.com/omixc
www.turismodecuntis.com



NOTICIAS


- El X CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA "CIUDAD DE OSUNA" se aplaza al Sábado, 24 de octubre [+ Ver]

- La artista iraní SHIRIN SALEHI gana la segunda edición del PREMIO LA PALABRA PINTADA, convocado por la FUNDACIÓN ANKARIA [+ Ver]

- Se anula la convocatoria del I PREMIO DE PINTURA AL AIRE LIBRE FAIRWAY [+ Ver]

- MAXAM y la AEPE firman el Convenio de Colaboración para el 82 Salón de Otoño [+ Ver]

- PhotoUrbe: Exposición de fotografía en Barcelona [+ Ver]

- Resultado del XIII CERTAMEN DE PINTURA RÁPIDA AL AIRE LIBRE "ALCALÁ, PATRIMONIO DE LA HUMANIDAD" [+ Ver]

- Bence Máté, ganador del premio MontPhoto 2015 con “Night Star” [+ Ver]

- Resultado del I Concurso Fotografico midiscovirtual.es [+ Ver]

- Suspendido el Concurso de diseño de cartel "Asian Weekend" [+ Ver]

- Vencedora I Premio Escultura Solidara y dos menciones de honor-Fundación Cursol [+ Ver]

- Premios del IX Concurso de Pintura Rápida “Luis Fernández Vergara-Ciutat de Viladecans” [+ Ver]

- Ganadores del IV concurso de fotografía ENFOCA LA SALUD MENTAL [+ Ver]